A proposta de traballo consiste en recompilar información sobre algunhas locucións latinas de uso actual. Pode tratarse de palabras ou frases que nós usamos na nosa lingua con un significado concreto. O que fixemos foi agrupar algunhas de entre as que vos piden para o exame de selectividade pero seguindo un criterio morfolóxico: palabras de cada declinación, verbos, sintagmas nominais formados por subs. + adx. ou subs + C.N., sintagmas preposicionais e frases.
Vós deberedes explicar o seguinte:
2. Análise morfolóxica (caso, xénero,
número, tempo, modo, función)
3. Significado e uso
actual
4. Escribir unha frase
na que quede ben claro o seu uso.
5. Atopar en internet
material escrito, imaxes, títulos, empresas comerciais, referencias, vídeos, cancións, logotipos, lemas, emblemas, escudos... o que se vos ocorra... nos que
apareza a locución ou palabra latina.
6. Interesan especialmente exemplos na prensa. Podedes aproveitar para lela nestas vacacións
ou usar os buscadores que cada xornal ofrece na súa páxina principal:
- http://www.buscavoz.es/
- http://diariodepontevedra.galiciae.com/
- http://www.elpais.com/buscar
- http://cgi.marca.com/buscador/buscador_marca_avanzado.html
- http://www.lemonde.fr/recherche/
- http://ricerca.repubblica.it/repubblica
- http://www.publico.pt/Search
- http://www.dn.pt/pesquisa/
- http://www.guardian.co.uk/search
Escollede artigos que vos chamen a atención
por algunha razón e non esquezades Ctrl+F para atopar unha frase nun documento
do explorador de internet. De cada artigo necesitaremos:
AUTOR, Título,
Xornal, data e <url>
Seleccionade o parágrafo no que apareza a
locución e pegádeo.
Resultan “dignos” de mención aqueles exemplos
de mal uso da locución (p.e.: a grosso
modo no canto de grosso modo ou ex proceso por ex profeso) que con frecuencia se escoitan e mesmo se len por aí.
Podedes colocar a imaxe, vídeo, logo, ou o enlace url.
O resultado da vosa investigación debe quedar
reflectida nas publicacións deste blog (unha para cada
unha das locucións que escollades, mínimo 5).
Non esquezades consultar: http://it.wikipedia.org/wiki/Locuzioni_latine
E lembrade...