martes, 17 de decembro de 2013

Proposta de Traballo

A proposta de traballo consiste en recompilar información sobre algunhas locucións latinas de uso actual. Pode tratarse de palabras ou frases que nós usamos na nosa lingua con un significado concreto. O que fixemos foi agrupar algunhas de entre as que vos piden para o exame de selectividade pero seguindo un criterio morfolóxico: palabras de cada declinación, verbos, sintagmas nominais formados por subs. + adx. ou subs + C.N., sintagmas preposicionais e frases.

Vós deberedes explicar o seguinte:

1.  Locución
2.  Análise morfolóxica (caso, xénero, número, tempo, modo, función)
3.  Significado e uso actual
4.  Escribir unha frase na que quede ben claro o seu uso.
5.  Atopar en internet material escrito, imaxes, títulos, empresas comerciais, referencias, vídeos, cancións, logotipos, lemas, emblemas, escudos... o que se vos ocorra... nos que apareza a locución ou palabra latina.
6.  Interesan especialmente exemplos na prensa. Podedes aproveitar para lela nestas vacacións ou usar os buscadores que cada xornal ofrece na súa páxina principal:


Escollede artigos que vos chamen a atención por algunha razón e non esquezades Ctrl+F para atopar unha frase nun documento do explorador de internet. De cada artigo necesitaremos:
AUTOR, Título, Xornal, data e <url>
Seleccionade o parágrafo no que apareza a locución e pegádeo.

Resultan “dignos” de mención aqueles exemplos de mal uso da locución (p.e.: a grosso modo no canto de grosso modo ou ex proceso por ex profeso) que con frecuencia se escoitan e mesmo se len por aí. Podedes colocar a imaxe, vídeo, logo, ou o enlace url.

O resultado da vosa investigación debe quedar reflectida nas publicacións deste blog (unha para cada unha das locucións que escollades, mínimo 5).



E lembrade...